Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello convoca ao sector hosteleiro para...

MEDIO AMBIENTE

O Concello convoca ao sector hosteleiro para informar dun sistema de recollida selectiva de aceites vexetais fritos

Luns 24 de abril do 2006

Na xuntanza estarán presentes o concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Pan, os hosteleiros interesados e o representante de PMA, SL. A finalidade desta iniciativa é, por unha banda, mellorar as condicións ambientais do Concello e, por outra, mellorar as condicións dos/as profesionais do sector ofrecéndolles unha alternativa axeitada para xestionar este residuo. A prestación será completamente gratuita para os/as que opten por acollerse ao sistema: proporcionarase un colector de 50 litros para depositar os aceites vexetais fritos usados, procederase á súa recollida cunha periodicidad mensual e entregaranse uns albaráns que os/as titulares dos establecementos poderán presentar diante dos organismos sanitarios ou ambientais que llelos requiran.

Compartir: