SESIÓN PLENARIA
O Concello demanda a desafectación de dúas vivendas
Luns 24 de abril do 2006
Ademáis dese punto, a sesión plenaria inclúe na orde do día outros como o recoñecemento extraxudicial de créditos, polo que se aproba o pago de facturas ou contas pendentes. Os pagos rondan os 300.000 euros, 90.000 menos que no exercicio anterior. Ademáis, a corporación municipal aprobará una moción conxunta de todas as formacións políticas, pola que se solicita a eliminación da peaxe na autoestrada AG-55, Coruña-Carballo, ademáis de demandar a urxencia da construcción da vía proxectada ate Cee e Fisterra e a súa prolongación ate o Porto Exterior e A Coruña e a incorporación da estrada Carballo-Santiago á Rede de Estradas de Galicia.