VENRES CULTURAIS
A compañía R.T.A achega ‘Hamlet’ ao Pazo da Cultura
Venres 21 de abril do 2006
O espectáculo está causando grande expectación desde a súa estrea o pasado mes de febreiro. A acción sitúase en Dinamarca, en 1940, cando o exército do III Reich avanza cara as fronteiras danesas. A actuación está enmarcada dentro do programa dos Venres Culturais do Concello de Carballo.
Banda Municipal
Ademáis, o sábado 22 de abril, ás 12,00 horas no Pazo da Cultura, terá lugar un Concerto Familiar da Banda Municipal de Carballo, dirixida por Vicente Pérez Planells. Esta actividade, que se incorpora ao programa previsto cos Venres Culturais, pretende mostrar o traballo da Banda Municipal e incentivar aos máis pequenos a realizar estudos musicais. Esta actividade forma parte do programa En familia, que pretende ofrecer un encontro cultural entre pais e fillos.