Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Pavillón Vila de Noia conta cun novo...

DEPORTE

O Pavillón Vila de Noia conta cun novo marcador electrónico

Venres 21 de abril do 2006

O novo marcador conta con nova tecnoloxía e ofrece ventaxas, en relación ao outro, como o feito de non necesitar cableado. O antigo marcador, en principio, manterase no Pavillón e podería ser utilizado para competicións que requiran a utilización de ambos. A ubicación do novo luminoso é a mesma que a do outro, na parte central do Pavillón e separados por só algúns centímetros. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, manifestou ao respecto que "era unha vella demanda do Concello, xa que o actual marcador prestou servizo por case vinte anos. Gracias á colaboración de Caixa Galicia podemos contar cun novo marcador, con mellores prestacións e avances tecnolóxicos".

Compartir: