Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acolle a final provincial do Campionato...

DEPORTE

Carballo acolle a final provincial do Campionato de Natación Escolar

Venres 21 de abril do 2006

É a primeira vez que o concello acolle una final provincial do campionato escolar. As categorías que forman parte do evento son as de benxamín e alevín. Os primeiros competirán en 25 m. e 4X25 estilos, mentres que os segundos farano en 50 metros, tanto en categoría masculina como en feminina. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, manifestou na presentación da competición que "é importante que Carballo sexa un referente no deporte provincial, sendo un dos poucos concellos que pode presumir de ter dúas piscinas en funcionamento. Quixera agradecer á Delegación Provincial de Cultura e Deporte que podamos albergar un evento deste tipo, xa que sabe que podemos asumir retos desta categoría".

Compartir: