MEDIO AMBIENTE
O Concello asina un convenio para colaborar co ‘Proxecto Ríos’
Xoves 20 de abril do 2006
Unha vez recibidas as Follas de Inspección na sede do Proxecto, elaboraranse informes anuais cos datos subministrados por todos os/as participantes nas distintas campañas. Posteriormente, os grupos que así o desexen poden participar no Programa de Adopción de Ríos, co que se fan responsábeis, nalgunha medida,de velar polo estado de aqueles treitos de río que escollan. O papel do Concello será o de cumplir unha función pionera en canto a divulgación e asunción de proxectos que redunden nunha mellora da calidade ambiental e, polo tanto, da calidade de vida da cidadanía. O Proxecto Ríos conta, na actualidade, con cinco concellos colaboradores, como O Porriño, Ames, Santiago de Compostela, Lalín e Miño.
Obxectivos
Un dos obxectivos do Proxecto é a creación dunha rede de cidadáns activos e activas na protección dos ríos e que permita coñecer o seu estado de saúde e prevenir e solucionar os seus problemas. Para acadar este fin realizaranse encontros entre os distintos grupos participantes, actividades formativas, lúdicas, concursos etc. Entre os plans de futuro figura elaborar unha publicación periódica propia do Proxecto. Ademáis, fíxanse outros obxectivos como achegar a poboación ao entorno natural, concienciar da importancia de adoptar actitudes encamiñadas a protexer e mellorar o medio ambiente, traballar para mellorar a calidade dos ecosistemas fluviais, estimular e potenciar a participación cidadá na conservación do patrimonio natural, establecer unha rede cidadá activa na protección dos ríos, que permita coñecer o seu estado de saúde e prevenir e solucionar os problemas.