Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Corporación Municipal demanda a...

COMISIÓN INFORMATIVA

A Corporación Municipal demanda a eliminación da peaxe na AG-55

Xoves 20 de abril do 2006

O texto da moción recolle que na ampla área xeográfica na que estamos encadrados, a Costa da Morte, temos un retraso histórico en infraestruturas de toda orde, especialmente no que se refire a vías de comunicación, o que incide notablemente en diversos desequilibrios: territorial, espacial, renda e competividade das nosas economias. A Corporación, sendo consciente desa situación, que ven arrastrada de anos anteriores, insiste na necesidade de fomentar a accesibilidade a estas terras de Bergantiños, Soneira e Fisterra. Por iso, un primeiro paso nesta senda é a eliminación da peaxe na autoestrada AG-55, A Coruña-Carballo. O texto pon de manifesto que debe ser empeño de todos, tanto Entes públicos como sociais privados, procurar a vertebración territorial e o desenvolvemento integral da Costa da Morte, o cal pasa irrenunciablemente por potenciar as vías de comunicación para conectarnos con outras zonas da provincia, nomeadamente coa área da Coruña e a de Santiago de Compostela. Por iso, dende o Concello de Carballo instase ao Goberno da Xunta de Galicia, Conselleria de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte e Deputación Provincial a eliminación da peaxe na autovía AG-55, entre A Coruña, Arteixo e Carballo, o inicio, a maior brevidade posible, da construción da Vía de Alta Capacidade ate Cee e Fisterra, incorporando o vial de circunvalación proposto para o noso Municipio, dar nova solución á comuniciación dos polígonos industriais e poboacións de Carballo, A Laracha e Arteixo co Porto Exterior e a Capital da provincia e a incorporación da estrada Carballo-Santiago á Rede de Estradas de Galicia.

Compartir: