VENRES CULTURAIS
Vendido a maior parte do aforo para a representación de ‘Hamlet’
Mércores 19 de abril do 2006
Hamlet trátase dunha innovadora representación dun clásico de William Shakespeare con actores tan coñecidos como Luis Tosar, Manuel Manquiña, Gonzalo Uriarte, Víctor Mosqueira, Migues Pernas, Flor Maceiras ou Lin oBraxe entre outros. O espectáculo está causando grande expectación desde a súa estrea o pasado mes de febreiro.
Banda Municipal
Ademáis, o vindeiro sábado 22 de abril, ás 12,00 horas no Pazo da Cultura, terá lugar un Concerto Familiar da Banda Municipal de Carballo, dirixida por Vicente Pérez Planells. Esta actividade, que se incorpora ao programa previsto cos Venres Culturais, pretende mostrar o traballo da Banda Municipal e incentivar aos máis pequenos a realizar estudos musicais. Esta actividade forma parte do programa En familia, que pretende ofrecer un encontro cultural entre pais e fillos.