Inicio Carballo ao día Hemeroteca Previsto o comezo das obras de...

MEDIO AMBIENTE

Previsto o comezo das obras de contenerización soterrada na rúa Coruña

Martes 18 de abril do 2006

Coa instalación da contenerización soterrada preténdese manter e recuperar a estética urbana e reducir notablemente o impacto visual e estético ocultando os colectores de superficie. A medida permitirá, igualmente, un aforro importante ao reducir a frecuencia de recollida, favorecida polo incremento da capacidade de almacenamento. Tamén premitirá reducir os gastos de reposición de colectores, ao non estar expostos a agresións vandálicas ou meteorolóxicas. Outras das ventaxas da contenerización soterrada son que facilita a recollida selectiva na orixe, elimina os malos olores e reporta una mellora estética importante

Compartir: