XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Aprobada unha solicitude de subvención para obradoiros de emprego
Luns 17 de abril do 2006
A Xunta de Goberno Local acordou tamén solicitar á Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar una subvención de 6.575 euros para o Programa de Difusión e Expresión Artística, solicitar da Consellaría de Presidencia a cesión en propiedade de equipamentos portátiles e material euxiliar de excarcelación para misións de protección civil e solicitar á Consellaría de Traballo unha subvención para a contratación de doce traballadores para o Grupo Municipal de Intervención Rápida.
Outros acordos
A Xunta de Goberno Local aprobou, ademáis, un convenio de cooperación educativa entre o Concello e a Universidade da Coruña para realizar prácticas no Concello. Igualmente, formalizouse a adhesión do Concello ao protocolo de colaboración e coordinación entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e os Corpos da Policía Local para a protección das víctimas da violencia doméstica e de xénero, pola que se creará unha mesa representada pola Policía Local, Garda Civil e Centro de Información á Muller para facer un seguimento do asunto. A Xunta de Goberno Local tamén ratificou os convenios para as obras da Rúa Vila de Negreira. Tamén aprobáronse sete licenzas de obra e cinco de obra e apertura, ademáis do padrón da gardería dos meses de novembro e decembro de 2005 e xaneiro e febreiro de 2006.