Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello convoca ao sector textil para informar...

CARBALLO LIMPO

O Concello convoca ao sector textil para informar do modelo de xestión de residuos

Luns 17 de abril do 2006

Na xuntanza estarán presentes o concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Pan, os representantes dos talleres interesados e ACTECO, a empresa xestora de fibras textiles. O modelo de xestión responde á realización dunha recollida selectiva co fin de mellorar as condicións ambientais do concello e ofrecer unha alternativa axeitada para xestionar o tipo de residuos propios do sector textil.

Hostalaría

A Concellería de Medio Ambiente ten tamén intención de reunirse a vindeira semana con representantes do sector da hostalaría para informar da implantación dun sistema de recollida selectiva de aceites vexetais fritos.

Compartir: