TELEFONÍA
O Concello implanta novos servizos de comunicación
Luns 17 de abril do 2006
A nova centralita está adaptada ao novo entorno da telefonía VoIP (Voz sobre IP) o que permitirá intercomunicar os edificios municipais a coste cero por facerse a través de internet. Os novos servizos iranse implantando progresivamente ata o 30 de setembro, data na que se pretende ter finalizada a configuración definitiva. Por todo isto, o Concello lamenta os posibles problemas que poidan xurdir os primeiros días polo cambio e tentará minimizalos de forma que o cidadán non se vexa afectado, adiantando as grazas pola comprensión no caso de que se produciran fallos no funcionamento.
Peche da Oficina Técnica
A Oficina Técnica Municipal permanecerá pechada ao público o martes, 18 de abril, e o mércores, 19 de abril, debido ao cambio das dependencias á primeira pranta da Casa do Concello.