Inicio Carballo ao día Hemeroteca A mesa de contratación decide adxudicar o...

MEDIO AMBIENTE

A mesa de contratación decide adxudicar o proxecto do paseo do río Anllóns

Martes 9 de agosto do 2005

A oferta escollida pola mesa de contratación foi "a máis vantaxosa", segundo explicou o edil delegado de Facenda, Contratación e Patrimonio, José Antonio Viña, que destacou que a proposta seleccionada significou unha baixa dun 26,14% (130.700 euros) en relación co tipo de licitación do que se partía, un total de 500.000 euros.

Unha vez se adxudiquen as obras definitivamente, a empresa terá que realizar o proxecto nun prazo máximo de 12 meses. As obras que se contratan consisten no acondicionamento do paseo fluvial dende a ponte da Milagrosa ata o Bosque do Añón, aínda que a intención do goberno municipal é a de prolongar a senda fluvial ata a ponte de Bértoa.

Compartir: