LITORAL
O Concello deseña un dispositivo especial de limpeza nas praias para Semana Santa
Mércores 12 de abril do 2006
O dispositivo do Concello ven así a complementar a recente limpeza no litoral, efectuada pola Brigada de Medio Ambiente, membros do servizo de limpeza viaria de ASPABER UTE e alumnos de ASPABER que fan na actualidade un cursillo de limpeza. Os traballos desenvolvéronse durante tres semanas, nas que tamén se procedeu ao arranxo das zonas verdes.