Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aberto o prazo para participar da Campaña...

LECER

Aberto o prazo para participar da Campaña Verán 2006 da Xunta

Luns 10 de abril do 2006

Co obxectivo de facilitarlle á mocidade a participación en actividades de tempo libre, a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar oferta un plan xeral de actividades, que se levarán a cabo tanto en Galicia como nas comunidades autónomas de España, en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración, durante os meses de xullo e agosto. A información sobre a convocatoria desta campaña, así como de cada actividade e instalación xuvenil onde se desenvolverá, atoparase detallada na páxina web da Rede de Información Xuvenil. Ademais, os interesados poden dispor de máis información no Concello de Carballo. A participación na oferta da Campaña Verán-2006 realizarase a través de inscrición individual ou dobre. Os participantes disporán de varios servizos, como un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil, manutención en réxime de pensión completa, o material necesario para a actividade, un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre, atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes e, nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas, inclúese o transporte desde Santiago de Compostela ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 21 de abril de 2006.

Compartir: