Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello da o visto bo á...

OBRAS

O Concello da o visto bo á continuación do paseo do Anllóns

Venres 7 de abril do 2006

O primeiro tramo, desde a ponte de A Milagrosa ate o Bosque do Añón, estase a executar nestes momentos con cargo a ese mesmo plan, ainda que as crecidas do río obrigaron a paralizar os traballos. A continuación do paseo ten unha lonxitude de 1.460 metros por ambas marxes do río. Ao longo do mesmo delimitarase a zona de servidume en madeira. A terra e a pedra utilizaranse para o sendero, mentres que tamén se distribuirán papeleiras ao longo de todo o percorrido, bancos nas zonas de descanso e pasarelas sobre os regatos.

Travesía de Malpica

Por outras banda, a Consellería de Política Territorial confirmou que financiará as obras de urbanización da avenida de Malpica, que abarca o tramo desde a rúa Ponte ata a estrada de Buño. O anteproxecto foi xa aprobado pola Corporación Municipal e o orzamento ascende a 1.779.843 euros. A actuación inclúe os servizos subterráneos, construcción de beirarrúas, instalación de xardineiras y o acondicionamento das interseccións con duas estacións de servizo.

Compartir: