Inicio Carballo ao día Hemeroteca Entréganse as cédulas de propiedade...

CATASTRO DE BENS INMOBLES

Entréganse as cédulas de propiedade de fincas rústicas nas parroquias do concello

Martes 9 de agosto do 2005

Os técnicos da empresa Ditecar desprazaranse aos distintos lugares para facilitar a retirada das cédulas. Estarán na escola de Xoane (Goiáns) entre o 16 e o 18 de agosto, na escola de Sísamo entre o 23 e o 25 de agosto, na escola unitaria Mirón (Bértoa) os días 18, 19 e 22 de agosto, nas escolas da Rúa Alfredo Brañas de Carballo o 16 e o 17 de agosto, e no teleclube parroquial de Berdillo do 23 ao 25.

Unha vez realizada a primeira fase da revisión catastral, os propietarios de fincas rústicas teñen outra oportunidade para revisar e comprobar nos planos que os erros detectados anteriormente están xa corrixidos.

Durante as dúas primeiras semanas de agosto, entregáronselle as cédulas de propiedade aos veciños de Razo, Oza, Cances, Lema, Vilela, Noicela e Rebordelos. O Concello agradécelle aos veciños a súa colaboración neste proceso e prégalle aos propietarios das fincas que acudan a retirar as súas cédulas nos lugares e das datas establecidas.

Compartir: