Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Grupo Magnificant ofrece un concerto de...

VENRES CULTURAIS

O Grupo Magnificant ofrece un concerto de música relixiosa no Pazo da Cultura

Venres 7 de abril do 2006

A pianista cubana Alexis Díez acompañará ao Grupo Magnificant na actuación, que conta cun amplo repertorio integrado por temas relixiosos propios desta época do ano. A actuación contempla tanto obras curtas como completas, aparte de interpretar temas explícitamente relixiosos e outras de diferentes estilos. A entrada para acudir ao concerto é gratuita.

Exposición

Este venres, ademáis, ten lugar no Pazo da Cultura a inauguración da exposición de fotografía Lugares, da autora carballesa Adriana Álvarez. A mostra está composta por unha serie de imaxes de diferentes cidades de Europa e poderá contemplarse ata o vindeiro 2 de maio.

Hamlet

As entradas para a representación da obra Hamlet, a representar pola Compañía RTA o venres, 21 de abril, no Pazo da Cultura, pódense adquirir a partir de hoxe venres, 7 de abril, no Museo de Bergantiños. A venta terá lugar ata o xoves, 20 de abril. Non haberá reserva previa de entradas e establécese un límite de dúas entradas por persoa. O horario para conseguir as entradas será o seguinte:

Polas mañáns:

  • De martes a sábados, de 12,00 horas a 14,00 horas.
  • Domingos de feira, de 11,00 horas a 14,00 horas.

  • Polas tardes:
  • Martes e xoves, de 18,00 horas a 21,00 horas.
  • Mércores e venres, de 18,00 horas a 20,00 horas.
  • Compartir: