SERVIZOS SOCIAIS
Industria convoca axudas facilitar o acceso á sociedade da iInformación das persoas con discapacidade
Mércores 5 de abril do 2006
Innovación e Industria destina 400.000 euros a este programa de axudas, que subvenciona a adquisición de periféricos especiais que permitan o acceso ás persoas con discapacidade á interacción cos equipos informáticos. Dependendo do tipo de discapacidade, as adaptacións tamén poden consistir na adquisición do software específico que facilite a interacción co equipo informático. De igual xeito, no caso de que o solicitante non conte con equipos informáticos (ordenador persoal e/ou impresora), tamén se considerará actuación subvencionable a adquisición destes equipos informáticos. A contía das axudas poderá acadar o 100% para a adquisición de periféricos especiais e software específicos necesarios para a adaptación da discapacidade que se trate e do 40% para a compra de equipos informáticos. Os interesados poden recoller o modelo de solicitude nos Servizos Sociais do Concello de Carballo, e poderán presentalas ata o vindeiro 30 de abril.
Traballo
Ademáis, a Consellaría de Traballo ven de publicar as bases reguladoras de diferentes programas e axudas e subvencións, que se poden consultar aquí.