SEGURIDADE
O Concello trasladará á Subdelegación de Goberno as demandas dos Institutos e de Vieiro
Mércores 5 de abril do 2006
A asociación antidroga Vieiro demandou un maior control sobre o consumo de drogas na localidade e advertiu que o uso de estupefacientes, desde o seu punto de vista, vai en aumento. Vieiro fixo un chamamento, na Comisión Especial de Seguridade, a facer un traballo constante e común. O goberno local trasladará toda a información recollida na Comisión Especial de Seguridade Cidadán á Subdelegación de Goberno para que podan tomar medidas ao respecto.