CULTURA
Continúa a programación da 1ª Semana do Libro e a Lectura
Martes 4 de abril do 2006
Tamén ás 18,00 horas, os máis pequenos poderán desfrutar doutra xornada de conta contos, nesta ocasión a cargo de Lorena Maceiras e Chus Álvarez. Ademáis destas actividades, séguense a desenvolver os distintos obradoiros que se levarán a cabo durante toda a semana. Igualmente, pódense visitar as exposicións permanentes que acompañan á programación desta 1ª Semana do Libro e a Lectura. As exposicións abranguen diferentes aspectos, como unha de libros cedidos polas editoriais, outra de libros feitos por alumnos e alumnas, unha de orixinais de ilustradores galegos e outra adicada a Manuel María. O horario de visita das exposicións será de luns a venres de 10,00 a 14,00 horas para os centros de ensino, previa reserva, e de 17,00 horas a 20,00 horas para o público en xeral. O sábado 8 de abril permanecerá aberta de 10,00 horas a 14,00 horas e de 16,00 horas a 18,00 horas.