Inicio Carballo ao día Hemeroteca Sabela Gago e Lola Fernández Parada...

CULTURA

Sabela Gago e Lola Fernández Parada participan da 1ª Semana do Libro e a Lectura

Mércores 5 de abril do 2006

Tamén ás 18,00 horas, Lola Fernández Parada realiza un obradoiro práctico baixo o nome No colo de quen nos canta, dentro do programa Aprender para educar e dirixido a pais e nais. Son cancións, rimas e retahílas para achegar aos máis pequenos aos libros e a lectura. Está dirixido a pais e nais de nenos e nenas que aínda non saben ler.

Ademáis, durante esta mañán os alumnos dos colexios A Cristina, Fogar, Gándara-Sofán, San Luis Romero e Bergantiños desfrutaron dun novo obradoiro no Pazo da Cultura, dos que se realizan durante toda a semana desde as 09,00 horas ás 14,00 horas. Igualmente, pódense visitar as exposicións permanentes que acompañan á programación desta 1ª Semana do Libro e a Lectura. As exposicións abranguen diferentes aspectos, como unha de libros cedidos polas editoriais, outra de libros feitos por alumnos e alumnas, unha de orixinais de ilustradores galegos e outra adicada a Manuel María.

Hamlet

As entradas para a representación da obra Hamlet, a representar pola Compañía RCA o venres, 21 de abril, no Pazo da Cultura, poderanse adquirir a partir do vindeiro venres, 7 de abril, no Museo de Bergantiños. A venta terá lugar ata o xoves, 20 de abril. Non haberá reserva previa de entradas e establécese un límite de dúas entradas por persoa. O horario para conseguir as entradas será o seguinte:

Polas mañáns:

  • De martes a sábados, de 12,00 horas a 14,00 horas.
  • Domingos de feira, de 11,00 horas a 14,00 horas.

  • Polas tardes:
  • Martes e xoves, de 18,00 horas a 21,00 horas.
  • Mércores e venres, de 18,00 horas a 20,00 horas.
  • Compartir: