Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello demandará a creación dun...

EDUCACIÓN

O Concello demandará a creación dun novo idioma para a Escola de Idiomas

Martes 4 de abril do 2006

Ademáis da situación da Escola de Idiomas, a xuntanza foi aproveitada para falar das melloras a realizar nos centros de Primaria do Concello. Pedro Armas afirmou que, ademáis das melloras que se están a levar a cabo no Colexio Bergantiños, haberá outras noutros centros do municipio. O delegado provincial de Educación visitará oficialmente Carballo para coñecer as melloras do Colexio Bergantiños e visitar os demáis centros educativos onde se farán máis traballos, a incluir nun Plan que se pechará a finais desta semana.

Industria

A viaxe a A Couruña foi aproveitada polo alcalde de Carballo para menter outra entrevista co delegado provincial de Innovación e Industria, José Luis Barcia. Desta xuntanza tamén participou o concelleiro de Industria, Comercio, Feiras e Mercado de abastos, Francisco Pérez. Na mesma falouse da ampliación do Polígono Industrial de Bértoa e José Luis Barcia, como presidente de Xestur, confirmou que a Consellería de Vivenda xa ten un proxecto de convenio para asinar e, a partir de ahí, encargar un Plan Sectorial para a terceira fase. Sobre a segunda fase, Xestur xa conta coa maioría do solo, que espera formalizar en breve. A representación do grupo de goberno aproveitou a xuntanza para comentar a solicitude de subvención de 138.911,43 euros para a construcción dun edificio municipal destinado a usos múltiples asociado ao viveiro de empresas e a necesidade de acondicionar o espacio interior da Feira da Milagrosa.

Compartir: