SEGURIDADE
A Comisión Especial de Seguridade Cidadán convoca aos Directores dos Institutos e a Vieiro
Venres 31 de marzo do 2006
Na primeira das convocatorias analizarase a seguridade cidadán nos centros de ensino, ademáis de valorar outros asuntos relacionados coa educación, como o absentismo escolar. Con posterioridade a esta xuntanza, a Asociación Antidroga Vieiro exporá a súa visión da seguridade na Comisión, desde a perspectiva da problemática da droga. Ambas xuntanzas terán lugar na Casa do Concello.