CULTURA
Carmen Rey presenta o seu último proxecto no Pazo da Cultura
Venres 31 de marzo do 2006
Carmen Rey é unha das voces máis singulares da canción galega. Coñecida sobre todo por ser unha das compoñentes do grupo de pandereteiras Anubía, ademais de colaborar con músicos como Xosé Manuel Budiño ou Nani García, mostraranos outro dos seus rexistros vogais interpretando música pop con influencias moi claras provintes do soul, o funk e o jazz. Ten un disco no mercado, Fuera, e próximamente editará o seguinte. Precisamente en Carballo interpretará temas dese primeiro traballo, así como as súas últimas creacións. Acompañan a Carmen Rey catro grandes músicos cunha longa traxectoria e un extenso currículum. Ao piano Sergio Delgado, Miguel Cabana á batería, Rubén Appatto no baixo e Tito Pose Calviño á guitarra.