Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acollerá a Fase de Ascenso...

DEPORTES

Carballo acollerá a Fase de Ascenso á Liga Galega de Voleibol Feminino

Venres 31 de marzo do 2006

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o xerente do Padroado Deportivo Municipal, Francisco García, o presidente da Federación Galega de Voleibol, José Manuel Touriño, e o responsable da sección de voleibol de Xiria, Rosaliño Mariño, presentaron o evento na Casa do Concello. Rosalino Mariño confía en que "a celebración desta fase de ascenso sexa un impulso para que as categorías de base sigan medrando", á vez que tildou a fase de "moi complicada dado o nivel dos catro equipos". José Manuel Touriño agradeciu ao Concello "as facilidades que deu para que Carballo volva a acoller unha fase de ascenso", mentres que o rexedor local oncretou que "se Carballo é referente a nivel deportivo é porque entidades como Xiria continúan traballando para este fin e persoas como Rosalino Mariño seguen a facer un excelente traballo".

Compartir: