Inicio Carballo ao día Hemeroteca O terceiro xulgado podería comezar a...

XUSTIZA

O terceiro xulgado podería comezar a funcionar no verán

Xoves 30 de marzo do 2006

Está previsto que a vindeira semana o director xeral de Xustiza e a delegada provincial de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, visiten Carballo para coñecer as instalacións reservadas para albergar a nova sala no Edificio dos Xulgados. Ademáis do asunto do terceiro xulgado, a xuntanza en Santiago foi aproveitada para falar doutros temas, como o pacto local que libere aos concellos dalgúns gastos de mantemento de infraestructuras da Xunta, a posibilidade de creación dun corpo de policía autonómico e asuntos de índole local, como a reforma da Casa do Concello e o proxecto da Casa dos Oficios.

Compartir: