Inicio Carballo ao día Hemeroteca O alcalde de Carballo entrevístase co...

XUSTIZA

O alcalde de Carballo entrevístase co Conselleiro de Presidencia en Santiago

Mércores 29 de marzo do 2006

Jesús Souto manifestou no seu día que sería normal que o terceiro xulgado xa estivese funcionando a finais do ano 2006, mentres que Méndez Romeu argumentou que a solicitude do mesmo respondía a razóns de prioridade. A creazón dun terceiro xulgado en Carballo foi demandada varias veces polas autoridades e profesionais do sector debido á carga de traballo existente na localidade. O goberno local volveu solicitar esa nova sala a principios do pasado mes de xaneiro, coincidindo coa visita da Delegada Provincial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Mª Esther González, a Carballo. O comezo da xuntanza desta tarde está previsto para ás 18,00 horas.

Compartir: