Inicio Carballo ao día Hemeroteca A asesoría xurídica atendeu a...

SERVIZOS SOCIAIS

A asesoría xurídica atendeu a máis de 200 inmigrantes e retornados no primeiro semestre do ano

Xoves 13 de outubro do 2005

Este servizo de asesoramento está aberto a inmigrantes, retornados e aos galegos relacionados con estes que buscan información e orientación profesional. A función desta oficina é asesoralos na tramitación de permisos de residencia, traballo, visados, adquisición de nacionalidade, agrupamento familiar e sobre as prestacións sociais, educativas ou sanitarias ás que teñan dereito.

Este servizo está supervisado por un avogado especializado que, cando é preciso, tamén acompaña os usuarios ás institucións nas que teñan que facer algún trámite administrativo. Os horarios nos que atende ao público son os luns de 16.30 a 19.30 horas e os venres de 09.00 a 14.00 horas.

Convenio coa Consellaría de Emigración

O Concello de Carballo creou o Servizo de información e asesoramento xurídico para emigrantes retornados e inmigrantes en setembro de 2003, no marco dun convenio de colaboración asinado coa Consellaría de Emigración, para desenvolver un programa de actuacións conxuntas en materia de atención a estes colectivos.

Outras actuacións do Concello que se encadran no convenio son informar dos programas formativos, de orientación e de inserción laboral da Consellaría e da Fundación Galicia Emigración, organismo que xestiona unha bolsa de emprego para estes colectivos; ofrecer apoio para conseguir asistencia sanitaria pública e para cubrir as necesidades básicas destes cidadáns.

Compartir: