OBRAS
O Concello demanda a execución da terceira fase da travesía principal de Carballo
Martes 28 de marzo do 2006
O rexedor local alude na misiva á importante densidade de tráfico que soporta a travesía, ademáis do desenvolvemento de actividades comerciais e de servizos propias dunha rúa das máis importantes dun núcleo urbano como o de Carballo, que provocan un deterioro progresivo do tramo que ainda non foi acondicionado. Ademáis, consigna a proliferación de numerosas fochas que conlevan unha elevada inseguridade vial, ademais de mala imaxe para o Concello e para o titular da estrada. Evencio Ferrero invita ao Director Xeral a inaugurar o último tramo acondicionado y a por en marcha os mecanismos para levar a cabo a terceira fase, previa á tramitación do correspondente convenio, debido á necesidade que hai de resolver os problemas que a situación actual produce.