Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xunta de Goberno Local aprobou dous convenios...

SESIÓN EXTRAORDINARIA

A Xunta de Goberno Local aprobou dous convenios de colaboración

Martes 28 de marzo do 2006

A pretensión do primeiro dos convenios é economizar costes de organización na percura de manter desde o Concello un compromiso coa mellorados programas deportivos cara á expansión, crecemento sostido e estructuración tendentes a reforzar a participación desde a infancia dos mozos carballeses no eido do deporte e favorecer a presencia de deportistas da localidade en competicións deportivas programadas por diferentes federacións, para contribuir na creación de cimentos sólidos no asentamento e medre do actual sistema deportivo municipal. . O Concello de Carballo proporá á Agrupación Deportiva Fogar da Xuventude unha contraprestación económica por un importe máximo de seiscentos euros para gastos de organización. No segundo dos convenios de colaboración, o Concello de Carballo comprométese a abonar a Manuel Jesús Souto, actualmente campeón galego de autocross en categoría "-1600", a cantidade de mil cincocentos euros para a participación no vindeiro Campeonato Galego de Autocross e Campeonato de España de Rallys. Ademáis, a Xunta de Goberno Local aprobou tres licenzas de obra e apertura, unha de primeira ocupación, outra de parcelación, unha de obra e outra de apertura conforman o resto de puntos incluidos na orde do día, ademáis dunha autorización de vao permanente na rúa Fiunchos.

Compartir: