FORMACIÓN
O Concello presentou o proxecto da Casa dos Oficios á Delegada Provincial de Traballo
Luns 27 de marzo do 2006
Outro dos asuntos da xuntanza era falar dos cursos do Plan de Formación e Inserción Profesional -Plan FIP- concedidos ao Centro de Formación, que rexistraron un aumento na última solicitude. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, calificou a xuntanza de "moi cordial, na que a Delegada Provincial dixo que a valoración do Centro de Formación de Carballo era moi alta. O Concello segue apostando pola formación e de ahí a importancia do proxecto da Casa dos Oficios". O alcalde de Carballo invitou a María Debén a coñecer ás obras que se están a realizar coa Casa dos Oficios.