SESIÓN PLENARIA
A Corporación Municipal debate o Regulamento de Participación Cidadá
Luns 27 de marzo do 2006
Outros dos asuntos incluidos na orde do día son a aprobación do Estatuto do Padroado Deportivo Municipal, a conta de redacción correspondente ao ano 2005 e as tarifas medias vixentes dos servizos de Auga Potable e Depuración de Augas Residuais e Canon de Acuagest A a oposición presentará unha moción relativa aos traballos de revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal.
Xunta de goberno local
A Xunta de Goberno Local reúnese tamén este, luns, 27 de marzo, na Casa do Concello. A sesión extraordinaria comezará ás 19,00 horas e, na orde do día, inclúese a aprobación de dous convenios de colaboración do Concello. O primeiro é coa Agrupación Deportiva Fogar da Xuventude para a organización do III Duatlón Concello de Carballo. O segundo dos convenios de colaboración do Concello é con Manuel J. Souto, para a participación no Campeonato Galego de Autocross e Campeonato de España de Rallys. Tres licenzas de obra e apertura, unha de primeira ocupación, outra de parcelación, unha de obra e outra de apertura conforman o resto de puntos incluidos na orde do día, ademáis dunha autorización de vao permanente na rúa Fiunchos.