Inicio Carballo ao día Hemeroteca Áncora Produccións achega ‘Final de...

VENRES CULTURAIS

Áncora Produccións achega ‘Final de Película’ ao Pazo da Cultura

Xoves 23 de marzo do 2006

A representación trata dunha película subtitulada que se está a proxectar en sesión de madrugada. Só hai catro espectadores, sen relación entre eles. Cando a película está próxima ao clímax, interrúmpese, deixando aos espectadores sen coñecer o final. Ante as protestas, o acomodador, promete repoñer a proxección, pero a espera prolóngase e os clientes especulan sobre os posibles finais da película. O reparto de Final de Película compóñeno Ánxela Abalo, Vicente de Souza, Fernando Morán, Xabier Deive, Estíbaliz Veiga e Marcos Pereiro. A obra comezará ás 21,00 horas e o prezo da entrada é de 2,5 euros.

Compartir: