Inicio Carballo ao día Hemeroteca Anunciada a creación dun terceiro xulgado...

XUSTIZA

Anunciada a creación dun terceiro xulgado para Carballo

Martes 21 de marzo do 2006

A creación dun terceiro xulgado en Carballo foi demandada varias veces polas autoridades e profesionais do sector debido á carga de traballo existente na localidade. O goberno local volveu solicitar esa nova sala a principios do pasado mes de xaneiro, coincidindo coa visita da delegada provincial da Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, M.ª Esther González, a Carballo. A propia delegada provincial manifestaba naquela data que se trataba dunha negociación complicada, aínda que seguro que daría os seus froitos. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, manifestou que o anuncio da dotación dun terceiro xulgado para a localidade "trátase dunha extraordinaria noticia. Avogamos pola dotación de novos servizos para Carballo e este anuncio é altamente satisfactorio, xa que é un asunto no que priorizamos e insistimos moito debido ao volume de traballo que sosportan os xulgados actuais. Carballo necesitaba un terceiro xulgado e vese que se van cumprindo obxectivos".

Compartir: