MEDIO AMBIENTE
O Concello reparte máis de 50 árbores autóctonas entre os centros de ensino
Martes 21 de marzo do 2006
O Concello pretende, con esta actividade, concienciar da importancia dos bosques autóctonos e a necesidade de preservar o medio. As árbores que repartiu o Concello entre os centros de ensino da localidade son moreiras, limoeiros, faias, carballos, cerdeiras, mirtos, loureiros, acivros, abruños, castiñeiros, pexegueiros, abeleiras, figueiras e árbores variadas.