Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Regulamento de participación...

SESIÓN PLENARIA

O Regulamento de participación cidadá será debatido o vindeiro luns

Martes 21 de marzo do 2006

O Regulamento de participación cidadá introduce importantes melloras na integración da veciñanza nas xestións do Concello. O obxectivo do texto é aproximar a administración á cidadanía, mellorar a transparencia, fomentar o asociacionismo e favorecer a descentralización e a eficacia nas xestións. A Comisión Informativa de Acción Social, Participación e Persoal terá lugar o mércores, a partir das 18.45 horas.

Comisión Especial de Seguridade

A xuntanza da Comisión Especial de Seguridade cos directores e directoras dos centros escolares, prevista para o pasado luns, foi aprazada para o vindeiro 3 de abril ás 19.00 horas. Con posterioridade a esta reunión, áS 20.00 horas, terá lugar outro encontro coa asociación antidroga Vieiro.

Compartir: