XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Aprobada a solicitude de varias subvencións para 2006
Luns 20 de marzo do 2006
No caso do Conservatorio Profesional de Música de Carballo, solicítase á Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria unha subvención por importe de 54.000 euros. A demanda de subvención de equipamentos para instalacións culturais ascende a 77.150 euros. Á Deputación provincial demándase unha subvención de 24.587,46 euros para a limpeza de praias, ao abeiro das bases da "Convocatoria aos concellos da provincia para socorrismo e limpeza de praias, anualidade 2006. A solicitude de subvvención das obras de adaptación, mellora e equipamento das sedes das entidades locais de Galicia recolle unha demanda de 305.742,10 euros á Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, logo de aprobar a memoria paa a dotación de equipamento e mobiliario ao edificio do Concello. Da Consellaría de Traballo solicítase unha subvención para o período 2006-2007 contando para a realización das accións de información, orientación e busca de emprego coas mesmas orientadoras laborais que no período 2005-2006. A Xunta dew Goberno Local acordou conceder unha subvención de 1010 euroas á ANPA A Granxa para a apertura da biblioteca escolar do CEIP Bergantiños en horario extraescolar desde marzo a maio de 2006. Tamén demándase á Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza unha subvención de 12.326,25 euros para a contratación temporal de catro auxiliares de policía local para a tempada de verán. Ademáis, convocáronse subvnecións para o ano 2006 para festas populares, cabalgatas, asociacións culturais para actividades puntuais, asociacións de nais e pais de alumnos, viaxes escolares e extraordinarias.
Outros acordos
A Xunta de Goberno Local aprobou a autorización de once novos vaos permanentes en distintas zonas de Carballo. As novas licenzas de vao permanente correspóndense coas rúas Gran Vía (3), Mahón (2), Vila de Noia, Vila de Arousa, Xestas, Río Miño, Río Ulla e Avenida da Milagrosa. Ademáis, aprobouse un convenio coa Fundación Europea para a sociedade da información e a administración electrónica para fomentar o coñecemento das novas vías de acceso á administración e a extensión do uso da administración electrónica. Tamén deu conta de tres convenios de colaboración do Concello. Un coa Deputación da Coruña para a contratación de animadores deportivos, outro coa Universidade de santiago de Compostela para a realización de prácticas de estudiantes que participen no curso de posgrao "M-511 máster en asesoramento, orientación, mediación e intervención familiar", e outro coa Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para a instalación dun marcador electrónico.