Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os Directores dos Institutos participan dunha...

EDUACIÓN

Os Directores dos Institutos participan dunha nova xuntanza da Comisión Especial de Seguridade Cidadán

Luns 20 de marzo do 2006

Ademáis da seguridade nos centros, aproveitarase a reunión para valorar outros asuntos relacionados coa educación, como o absentismo escolar. Os outros puntos incluidos na orde do día son a aprobación da acta da reunión celebrada hai un mes e un turno de rogos e preguntas. Con posterioridade a esta xuntanza está previsto celebrar outras con diferentes sectores da sociedade, como pode ser a Asociación Antidroga Vieiro.

Reunión de portavoces

Antes da reunión da Comisión Especial de Seguridade Cidadán, os portavoces dos diferentes grupos políticos do Concello de Carballo reuniranse ás 18,00 horas na casa consistorial para seguir debatindo en torno ao Regulamento de Participación Cidadán.

Compartir: