Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado o Orzamento Xeral para o ano 2006

SESIÓN PLENARIA

Aprobado o Orzamento Xeral para o ano 2006

Martes 14 de marzo do 2006

O grupo de goberno calificou o orzamento de realista e recalcou que está axustado para promover proxectos destinados a dotar a Carballo de servizos de maior calidade. O proxecto da Casa dos Oficios é unha das actuacións principais e conta cunha partida de 561.555,22 euros. O presuposto reflexa, ademáis, unha partida de 660.000 euros para a adquisición de terreos. Parte de esta cantidade serviría para comprar solo para comezar a urbanizar o entorno de A Lagoa. Outras das inversións previstas para este ano son o paseo fluvial do Bosque do Añón, a eliminación de barreiras arquitectónicas, a construcción dos centros sociais de Berdillo e Sofán, a reposición do céspede do campo de fútbol de As Eiroas ou a construcción dun vial subterráneo e mercado provisional. O concelleiro de Facenda, José Antonio Viña, manifestou que máis da metade do orzamento está destinado a mellorar a calidade de vida dos veciños e o vinte por cento a infraestructuras básicas de carácter económico.

Compartir: