Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello remata a campaña de limpeza nas...

LITORAL

O Concello remata a campaña de limpeza nas praias

Mércores 8 de marzo do 2006

Os traballos desenvolvéronse durante tres semanas e o volume de lixo retirado ascende a dous colectores de 20 metros cúbicos nas Marismas de Baldaio, outro da mesma cantidade na explanada de Razo, ademáis de 96 metros cúbicos que foron retirados por un tractor en diferentes viaxes. A campaña de limpeza do litoral coincidiu coa chegada aos areais dos obxetos procedentes da carga perdida dun mercante, xunto cun container encallado na praia de Leira. Este feito fixo que os traballos de limpeza prolongáranse un pouco máis do esperado nun principio.

Compartir: