Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello programa diferentes actos para...

MULLER

O Concello programa diferentes actos para celebrar o Día Internacional da Muller

Martes 7 de marzo do 2006

A partir das 10,00 horas un bus violeta permanecerá estacionado na Praza do Concello ata as 20,00 horas. Será un espazo de divulgación, concienciación e información a través de diverso material, como folletos ou proxección de vídeos. Entre as 17,30 horas e as 18,30 horas, haberá un pasarrúas a cargo do grupo Pistacatro, polas rúas próximas ao bus, co obxectivo de captar a atención dos viandantes para que se acheguen ao vehículo. Dende as 16,30 horas ata as 19,30 horas o Pazo da Cultura acollerá a celebración dun obradoiro sobre habilidades sociais e asertividade. O número de prazas é limitado a 15 mulleres, por rigoroso orde de inscripción, que se fará no CIM de Carballo, ben acudindo ao centro, na rúa Camiño Novo 7, Entrechán, ou chamando ao teléfono 981700688. O prazo de inscripción estará aberto ata o 17 de marzo. Tamén no Pazo da Cultura, a partir das 19,30 horas, Rosa Cobo falará nunha conferencia dos traballos das mulleres. Rosa Cobo é doctora en Ciencias Políticas e Socioloxía e profesora titular da Universidade da Coruña.

Compartir: