CULTURA
O Pazo da Cultura acolle un concerto-recital de José Carbajal
Martes 7 de marzo do 2006
A primeira representación de La Casa Encantada tivo lugar no Teatro Solís de Montevideo, o 28 de marzo de 1995. Ano e medio máis tarde, o consello de educación primaria declarouna de interese escolar. A recollida de invitacións para acudir ao concerto pódese facer no Centro de Información á Muller, na rúa Camiño Novo 7, Entrechán, no local da Asociación de Uruguaios polo Mundo, na rúa Amapola 14, ou no Pazo da Cultura antes do inicio da actuación. A actuación comezará ás 21,00 horas. A música de José Carbajal El Sabalero alterna candombe con floklore urbán, sen esquecer a chamarrita, o rock and roll e a milonga riopratense.