SERVIZOS SOCIAIS
Convocada unha nova edición do Programa de Turismo Social
Martes 7 de marzo do 2006
Todos os maiores do concello que que queran coñecer as condicións e destinos do programa poden achegarse aos Servicios Sociais do Concello de Carballo, onde se lles facilitará información e os modelos de solicitude e informe médico. O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 4 de abril. No caso de que dúas persoas queiran acudir xuntas ao mesmo destino e quenda, presentarán unha única solicitude acompañada da documentación que nela se indica.