XUNTA DE GOBERNO LOCAL
O goberno convoca un concurso de propostas para unha nova Escola Infantil Municipal
Luns 6 de marzo do 2006
O goberno municipal pretende coñecer propostas para a posible contrucción dunha nova gardería na zona do colexio Bergantiños, polo que ordeou a inserción do anuncio no BOP para que as empresas interesadas presenten, nos 26 días naturais seguintes ao da inserción, as súas proposicións. A Xunta de Goberno Local adxudicou, ademáis, mediante concurso, procedemento aberto, un contraro de consultoría e asistencia para a "realización dun estudo, análise, descrición e valoración dos postos de traballo do Concello de Carballo" á Universidade de Santiago de Compostela. Tamén aprobouse inicialmente o proxecto para executar as obras de urbanización entre as rúas Martín Herrera e desiderio Varela e someter o expediente ao trámite de información pública de 20 días con publicación no BOP e nun dos xornais de maior circulación da provincia.