LINGUA
Presentado o II Premio de artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo
Luns 6 de marzo do 2006
Poderán participar neste concurso de xeito individual todas aquelas persoas que o desexen, cun único artigo que será inédito e deberá estar escrito en galego seguindo a normativa oficial. As bases do concurso pódense descargar aquí e mais no apartado de convocatorias. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, manifestou que "é importante que os proxectos pioneiros teñan continuidade e esperemos que se supere o éxito da anterior edición". Nesa primeira edición participaron 28 persoas, e o nivel dos artigos foi moi elevado. Olga Patiño Abeixón e Xurxo Fernández Carballido acadaron os dous primeiros premios que, que se incrementan este ano na contía económica. Ademais de publicar os artigos gañadores do II Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2006, colaboran na iniciativa A Nosa Terra, Diario de Bergantiños, La Opinión de A Coruña, A Peneira, Galicia Hoxe, La Voz de Galicia, Tempos Novos, e Vieiros.