CULTURA
Música, teatro e cine conforman a cita cultural da fin de semana
Venres 3 de marzo do 2006
Unha actriz, Teresa del Olmo, e tres cantautoras/es, Muana Sinepi (Guinea Ecuatorial), Bidinte (Guinea Bissau) e Inma Serrano (España), tratarán de divertir aos espectadores/as dentro duns parámetros distintos aos habituais. A dirección do espectáculo corresponde a Mercedes Lezcano e está baseado nos textos das escritoras Waris Dirie, Ángeles Mastretta, Nawal al-Sa’dawi, Erica Jong e Gila Svirsky. A representación teatral-musical incide no compromiso persoal e político.
Cine
Ademáis deste espectáculo músico-teatral, Carballo acolle o sábado, 4 de marzo, a preestrea de Cargo, película corproducida pola compañía galega Vaca Films. O grupo de goberno recibirá ao director e actores que participan do film. A recepción terá lugar na Casa do Concello ás 19,00 horas, antes de que os multicines Bergantiños acollan o acto de preeestrea, previsto para as 19,30 horas. Cargo está dirixida por Clive Gordon e os principais actores son Peter Mullan, Daniel Brühl, e os galegos Luis Tosar e Carlos Blanco. Coa preestrea da película, Carballo vove a ter un espazo importante no panorama cinematográfico galego. Cargo estrearase o vindeiro día 10 de marzo, ainda que antes terá lugar a preestrea en Carballo, A Coruña e Madrid.