COMISIÓN INFORMATIVA
O presuposto para 2006 contempla preto de seis millóns de euros para inversións
Xoves 2 de marzo do 2006
Outras das inversións previstas para este ano son o paseo fluvial do Bosque do Añón, a eliminación de barreiras arquitectónicas, a construcción dos centros sociais de Berdillo e Sofán, a reposición do céspede do campo de fútbol de As Eiroas ou a construcción dun vial subterráneo e mercado provisional. O presuposto experimenta un lixeiro descenso en relación á partida do anterior exercicio, se ben este ano non está prevista ningunha operación de solicitude de crédito, cando o ano pasado si se solicitou un por valor de catro millóns de euros.
Oferta de emprego público
A oferta pública de emprego inclúe un total de 12 prazas. Está previsto convocar 3 postos de ordenanzas para o Pazo da Cultura, 4 de auxiliares administrativos para Urbanismo, Servicios Económicos, Cultura e Policía, un de Policía Local, un de técnico medio de persoal, un de técnico de urbanismo, un de técnico de xestión e inspección de ordenanzas e outro de operario para a Brigada Municipal de Obras. Temporalmente contrataranse un auxiliar de axuda a domicilio, un monitor de ludoteca, un de información turística, tres tractoristas, un auxiliar de arquivo e catro auxiliares de policía.