Inicio Carballo ao día Hemeroteca O ‘Enterro da Sardiña’ despide as festas...

LECER

O ‘Enterro da Sardiña’ despide as festas de Antroido

Luns 27 de febreiro do 2006

Este luns, ademáis, os máis pequenos tiveron ocasión de disfrutar dunha nova xornada de obradoiros de Antroido na Praza do Concello. Pola tarde, a partir das 17,30 horas, ten lugar o Baile Infantil de Antroido no Casino de Carballo, que repetirá ás 00,00 horas cun Baile de Máscaras. Esta xornada complétase cunha exhibición de capoeira, que comezará ás 22,00 horas na Praza do Concello, e que seguirá polas rúas Coruña, Valle inclán e Estrella. Durante a fin de semana celebráronse varios bailes de disfraces, o tradicional Concurso e Desfile de Disfraces, Comparsas e Carrozas e o Graff Time 06 nas Galerías Comerciais da Rúa da Igrexa. A Charanga Os Chinchorros seguirá animando as rúas de Carballo durante os dous últimos dúas de celebración do Antroido.

Compartir: