Inicio Carballo ao día Hemeroteca A rúa Fomento ábrese ao...

OBRAS

A rúa Fomento ábrese ao tráfico

Martes 2 de agosto do 2005

Esta rúa correspóndese co primeiro tramo do proxecto de reforma da travesía principal de Carballo, e nela vanse colorar proximamente papeleiras, bancos e señalizacións verticais. O segundo tramo do proxecto inclúe a rúa Vázquez de Parga e prevese que estea rematado contra o 15 de setembro, segundo explicou o concelleiro delegado de Urbanismo e Desenvolvemento rural, Manuel Andrade.

O edil sinalou tamén que se prevé para a semana do 8 ao 12 de agosto a instalación dos semáforos na rúa Gran Vía. Estes semáforos regularán o tráfico nos cruces desta rúa con Doutor Fleming e con Alfredo Brañas.

Compartir: